O Concello de Boiro executa obras para a mellora dun camiño rural en Cures

02 Novembro 2026

O Concello de Boiro comezou as obras para a mellora dun camiño rural que vai dende Pomar do Río a Enseño, na parroquia de Cures. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron esta mañá o lugar para coñecer como se están a executar as obras.

Trátase dunha obra de 102.944,84 euros mediante a que se vai renovar o firme existente, canalizando a auga en superficie para a súa eliminación; así como a canalización das augas fecais de vivendas existentes nesa zona e que so contan con fosa séptica. Tamén se vai regularizar a sección libre do camiño entre os 4 e os 4,5 metros de sección de vía, con sumidoiros laterais e canalización de pluviais para a recollida de auga da choiva.

Para levar a cabo esta actuación o Concello de Boiro recibe da axencia AGADER (Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia) unha subvención por importe de 62.740,10 euros mediante as axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026-2027, co-financiadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

Outros artigos

O BNG de Padrón acusa ao Goberno local de “deriva autoritaria”

O BNG de Padrón emitiu un comunicado no que expresa a súa "profunda preocupación" polo que cualifica de "deriva autoritaria" no Concello por parte do Goberno local (PSOE), ao que acusa de "falta de capacidade de diálogo" . Dende a formación din que o Executivo...

+

Rilo e Penadique levan a Lousame a súa narración oral Asdomare

As contadoras Vero Rilo e Sonsoles Penadique estarán o vindeiro sábado (7 de novembro) en Lousame, na Casa da Cultura, para achegar á veciñanza o espectáculo de narración oral Asdomare. A cita ten neste intre abertas as inscrición. Será como dixemos o sábado 7 de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.