Rilo e Penadique levan a Lousame a súa narración oral Asdomare

02 Novembro 2026

As contadoras Vero Rilo e Sonsoles Penadique estarán o vindeiro sábado (7 de novembro) en Lousame, na Casa da Cultura, para achegar á veciñanza o espectáculo de narración oral Asdomare. A cita ten neste intre abertas as inscrición. Será como dixemos o sábado 7 de novembro, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Lousame.

Os veciños e veciñas empadroadas en Lousame poden anotarse en BandoTicket dende hoxe e ata o propio 7 de novembro. En caso de quedaren prazas libres, abrirase a inscrición a persoas de fora do concello do 5 ao 7 de novembro.

Organiza a Deputación da Coruña a través da Área de Igualdade e no marco do Programa Circuíto en Igualdade. Colabora o Concello de Lousame.

Asdomare, espectáculo concibido tralo confinamento da COVID, é a continuación da narración O Pozo das Señoras, tamén de Rilo e Penadique.

Asdomare son as mulleres do mar,

ou o mar de mulleres.

É a senda dos faros

que alumean A Maruxaina,

A pedra do cu da raíña,

Os cantos das conserveiras…

Todo o que o mar quita,

todo o que o mar deixa.

Outros artigos

As Xornadas de Valle-Inclán pechan con éxito e saldo “positivo”

A vixésimo oitava edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán en A Pobra do Caramiñal baixou o pano cun balance "positivo" e coa mira posta en continuar renovando a súa programación en próximas edicións. O ciclo dedicado ao escritor conseguiu manter unha resposta...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

Si algo retrata a las personas es esencialmente lo que hacen o dejan de hacer, lo que piensan y cuentan (incluso lo que no cuentan) y desde luego, lo que defienden en público. Todo ello acaba dibujando y comunicando la manera que se entiende la política, el servicio...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.