As Xornadas de Valle-Inclán pechan con éxito e saldo “positivo”

02 Novembro 2026

A asistencia rexistró niveis similiares aos doutros anos e o teatro volveu a ser o principal reclamo

A vixésimo oitava edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán en A Pobra do Caramiñal baixou o telón cun balance “positivo” e coa mira posta en continuar renovando a súa programación en próximas edicións. O ciclo dedicado ao escritor conseguiu manter unha resposta do público similar á rexistrada nos últimos anos, ao tempo que algunhas das novas propostas introducidas nesta ocasión obtiveron unha acollida especialmente favorable.

A técnica do Museo Valle-Inclán, Sara Barbazán, explica que desde a organización se mostran “bastantes satisfeitos” co resultado desta edición, especialmente tendo en conta as dificultades coas que tiveron que achegar.

O teatro e o impulso de novas iniciativas

Entre as propostas que contiñan funcionando ano tras ano destaca especialmente o teatro. As representacións escénicas volveron a concentrar algunhas das maiores asistencias das xornadas, con funcións que practicamente completaron o Teatro Elma. “Lo que mejor funciona es el teatro”, resume a técnica do museo.

A programación de este ano combinó as fórmulas xa consolidadas con outras iniciativas coa que o museo busco ampliar e diversificar o perfil de público. Unha das que mellor resultado conseguiu foi a ruta polos escenarios literarios da Serra do Barbanza relacionados con Valle-Inclán. A actividade prácticamente completou as prazas dispoñibles e converteuse, segundo Barbazán, en unha das principais sorpresas da edición.

Tamén obtivo unha resposta favorable a incorporación do cine á programación. O Teatro Elma acolleu a proxección da adaptación cinematográfica de Tirano Banderas, unha das propostas incluídas este ano con motivo do centenario da publicación da novela. “Las nuevas iniciativas respondieron bastante bien”, apunta a técnica do museo, que considera que unha das conclusións que deixa esta vixésimo oitava edición é a conveniencia de continuar experimentando con novos formatos. “Ya sabemos lo que funciona, pero queremos ir introduciendo nuevas cosas para ver cómo responde la gente”, explica Barbazán.

O público tamén trasladou opinións maioritariamente positivas. Entre as cuestións planteadas figura a posibilidade de probar novos horarios para determinadas actividades. A intención, segundo detallan desde a organización, é seguir axustando o que sexa necesario.

Outros artigos

Ribeira incorporará un poboado de Nadal na praza do Concello

Un poboado de Nadal será unha das novidades para esta época proxectada dende o Concello de Ribeira co obxectivo de dinamizar as festas e dispor de máis actividades para a rapazada. Esta nova acción asentarase na praza do Concello durante o presente ano, con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.