O PSOE de Ribeira acusa ao PP de querer repetir coa Dorna a mesma manobra das Festas de Verán   

02 Novembro 2026

 

O PSOE de Ribeira expresou nun comunicado acabado de publicar o seu apoio á Real e Ilustre Cofradía da Dorna ante “a situación que ameaza a festa de 2027”, en palabras do seu voceiro Fran Suárez-Puerta, que ve nos atrancos burocráticos administrativos con Portos que ten que sufrir a Confraría “un paralelismo co sucedido nas Festas de Verán de 2025”, cando, “tras meses de restricións de Portos de Galicia, unha fotografía do PP e do PBBI precedeu á resolución do conflito e María Sampedro presentouse como a gran salvadora”, opinou, engadindo que “sospeitamos que pretenden repetir a xogada: levar a situación ao límite para que a alcaldesa apareza no último momento como quen a resolve”.

“A Dorna non pode ser escenario destas manobras”, advertiu Suárez-Puerta.  

Dende o grupo socialista din que “en 2023, o goberno de Manuel Ruiz Rivas, con María Sampedro como responsábel da área, incumpriu o compromiso de solicitar os espazos portuarios con dous meses de antelación”. E apuntan: “Non sabemos se xa daban por perdidas as eleccións ou simplemente non quixeron cumprir. O certo é que a Confraría acabou pagando 5.000 euros. Agora Portos reclama arredor de 17.000 euros por 40 días de ocupación, cando o uso efectivo foi moi inferior. Que pretende cobrar exactamente Portos para facturar 40 días? Ou é que nin sequera sabe o que factura?”.

Suárez-Puerta esixe tamén que se aplique nas liquidacións a bonificación do 90 % xa recoñecida á Confraría.  

O voceiro do PSOE di ademais que “a asociación afronta ademais unha orde de desaloxo do seu local, malia que un acordo plenario de 2018 establecía que o Concello asumiría a titularidade do espazo e cedería o seu uso á entidade”. Os socialistas cuestionan que Portos reclame pagamentos á entidade por un local que debe ter como titular o Concello e coinciden coa directiva en que “estas débedas poderían comprometer o acceso a subvencións fundamentais para organizar a festa”.  

“Sorprende que Portos de Galicia sexa máis coñecido en Ribeira por tentar expulsar as festas do Malecón que por facer o seu traballo: investir nas instalacións portuarias e soster o sector marítimo”, critica Suárez-Puerta.  

O portavoz cuestiona tamén o discurso municipal: “Autodenomínanse o goberno das solucións. Será porque primeiro embarran a situación, logo preséntanse como os únicos capaces de resolvela e finalmente esperan os aplausos. Xa o vimos coas Festas de Verán, coa localización da residencia de maiores e co polígono industrial. Gobernar é evitar os problemas, non solucionar os que un mesmo provoca”.  

E engade: “O diálogo é necesario, pero a solución non pode pasar por facerse fotografías coa alcaldesa. Se mañá multan un veciño nun control policial, ten que chamar á alcaldesa e facerse unha foto con ela para que lle retiren a sanción? Ou existe un procedemento que debe aplicarse con rigor? E hai outra reflexión que debemos facer: quen pode mandar retirar unha multa tamén pode mandar poñela. Por iso necesitamos solucións reais, documentos e compromisos por escrito, non conflitos artificiais que logo se presentan como grandes éxitos políticos”.  

Finalmente, Suárez-Puerta fai extensivas á directiva as palabras que xa trasladou ao seu presidente: “Sei polo que están pasando, porque a min tamén me fixeron o mesmo. Coñezo o desgaste de ter que defenderse cando o único que se pretende é sacar adiante un proxecto. Toda a directiva ten o meu apoio persoal”. O PSOE ponse así á disposición da Confraría e apoiará as decisións que adopten os seus socios e socias neste conflito. 

Outros artigos

Luns 2, manterase o tempo seco e soleado con forte contraste térmico

O tempo manterase este luns 2, Fieis Defuntos, estable no comezo da semana con néboas matinais e contraste térmico O inicio da semana estará marcado pola continuidade dunha situación atmosférica moi estable en toda a comunidade galega, sen cambios significativos a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

Si algo retrata a las personas es esencialmente lo que hacen o dejan de hacer, lo que piensan y cuentan (incluso lo que no cuentan) y desde luego, lo que defienden en público. Todo ello acaba dibujando y comunicando la manera que se entiende la política, el servicio...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.