A hospitalización a domicilio esténdese a Outes, Mazaricos, Santa Comba, Muros e Carnota

02 Novembro 2026

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, resaltou hoxe que “a ampliación da hospitalización a domicilio, desde hoxe, a cinco novos concellos da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza permite completar a cobertura do 100 % dos 46 concellos que a compoñen”.

Así o indicou o conselleiro de Sanidade xunto aos 15 vehículos dos que farán uso as/os profesionais da asistencia domiciliaria. No acto, na entrada do Hospital Gil Casares en Compostela, tamén participaron a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, o xerente do Servizo Galego de Saúde, Luis León, e o xerente da área sanitaria, Ángel Facio.

Gómez Caamaño puxo de relevancia o traballo do persoal de hospitalización a domicilio (HADO), xa que “a atención sanitaria combina o acompañamento desde o coñecemento do contorno e das circunstancias de cada paciente”, engadiu, apuntando que a Área de Santiago de Compostela e Barbanza conta xa con 9 equipos de hospitalización a domicilio, integrados cada un deles por un médico e dous profesionais de enfermería. En total, sumando os postos de xefatura de servizo e supervisión, o servizo está composto por 31 profesionais.

Con este incremento, incorpóranse a este servizo tamén os concellos de Muros, Carnota, Outes, Santa Comba e Mazaricos.

Gómez Caamaño resaltou “o avance substancial realizado polo Servizo Galego de Saúde porque, hai apenas catro anos, o servizo na área santiaguesa cubría aproximadamente a metade do seu territorio e o 60 % da poboación, e co novo equipo que comeza a traballar no día de hoxe, acádase o 100 %”.

Ademais, o conselleiro de Sanidade adiantou que “en 2027 está previsto incorporar un décimo equipo na área sanitaria de Santiago e Barbanza para atender exclusivamente as persoas que residen en centros sociosanitarios”.

Outros artigos

Rilo e Penadique levan a Lousame a súa narración oral Asdomare

As contadoras Vero Rilo e Sonsoles Penadique estarán o vindeiro sábado (7 de novembro) en Lousame, na Casa da Cultura, para achegar á veciñanza o espectáculo de narración oral Asdomare. A cita ten neste intre abertas as inscrición. Será como dixemos o sábado 7 de...

+

As Xornadas de Valle-Inclán pechan con éxito e saldo “positivo”

A vixésimo oitava edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán en A Pobra do Caramiñal baixou o pano cun balance "positivo" e coa mira posta en continuar renovando a súa programación en próximas edicións. O ciclo dedicado ao escritor conseguiu manter unha resposta...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

Si algo retrata a las personas es esencialmente lo que hacen o dejan de hacer, lo que piensan y cuentan (incluso lo que no cuentan) y desde luego, lo que defienden en público. Todo ello acaba dibujando y comunicando la manera que se entiende la política, el servicio...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.