Boiro vai acoller esta fin de semana un novo obradoiro de defensa persoal para a veciñanza, orientado a facilitar recursos ás mulleres para afrontar posíbeis situacións de violencia. Será o sábado 7 de novembro ás 9.30 horas no Pavillón de Barraña, organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) do Concello, no marco do programa local de actividades do 25N.
As inscricións cómpre facelas mediante o enderezo electrónico cim@boiro.org ou o teléfono 981 84 48 00 ext. 1285.
O obradoiro está destinado a mulleres maiores de 16 anos e busca apoderar ás participantes fronte a posíbeis agresións machistas mediante técnicas de defensa física e estratexias preventivas. Trátase dunha actividade de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións de violencia de xénero, informou o Concello.




