O Concello de Ribeira mellora a terraza e climatización do Mercado Municipal

01 Novembro 2026

O Concello de Ribeira informou dunha importante mellora na terra e no equipamento de climatización do Mercado Municipal, que, como lembraremos, conta co selo de Mercado Excelente. O investimento total destas dúas intervencións (terraza e infraestrutura de climatización) sitúase nos 142.572,41 euros, financiados en parte cunha subvención da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia.

En consecuencia, a Administración local efectuou a retirada da tarima existente e colocou un novo chan técnico exterior impermeábel, ademais do acondicionamento das paredes e bancos de madeira; unhas obras a cargo de Serdeco Contratas, S.L. por un importe de 36.094,30 euros, IVE incluído.

Actualmente tamén se acometen traballos de mantemento correctivo e reposición de equipos co fin de asegurar o correcto servizo de climatización do edificio, sen modificar a configuración xeral da instalación existente; todo isto da man de Montaxes Eléctricas Noroeste S.L. por 106.478,11 euros, con impostos, unhas tarefas que rematarán en vindeiras datas, segundo confirmou o Concello.

“Seguimos traballando para que praceiros e clientes gocen dunhas mellores prestacións nesta praza de abastos que, meses atrás, recibiu o selo de Mercado Excelente. A mellora da terraza está pensada de cara o verán para funcionar xa a pleno rendemento, mentres que a optimización da climatización xa se poderá desfrutar nesta época. A maiores, nos pasados meses tomamos medidas na iluminación perimetral e das escaleiras, así como o pintado da fachada; todo isto tamén enmarcado na subvención da Xunta”, tal e como apunta o concelleiro de Mercados, Vicente Mariño.

Outros artigos

Luns 2, manterase o tempo seco e soleado con forte contraste térmico

O tempo manterase este luns 2, Fieis Defuntos, estable no comezo da semana con néboas matinais e contraste térmico O inicio da semana estará marcado pola continuidade dunha situación atmosférica moi estable en toda a comunidade galega, sen cambios significativos a...

+

Os cemiterios énchense de flores no Día de Todos os Santos

O pobo mantén viva unha tradición que conecta o presente coa lembranza dos seres queridos ausentes O Día de Todos os Santos volveu encher de cor, flores e recollemento os camposantos galegos nunha xornada marcada polo recordo e o agarimo cara a quen xa non están. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.