O Concello de Boiro recibe da Deputación subvencións para o material de emerxencias do servizo de Protección Civil

30 Outubro 2026

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña subvencións para a realización de actividades e investimentos do Servizo de Protección Civil e Emerxencias durante o ano 2026. O importe total das dúas subvencións recibidas ascende aos 14.310,5 euros.

O alcalde, José Ramón Romero, visitou a base de Protección Civil para coñecer o material adquirido. Sinalou que o obxectivo desta subvención é financiar a adquisición de actividades e investimentos para impulsar e reforzar os servizos que se veñen prestando á cidadanía por parte das agrupacións de voluntarios de Protección Civil.

Mediante esta axuda adquiriuse roupa técnica forestal para o persoal da entidade así como lanternas, un canón de calor e un xerador eléctrico para uso en casos de emerxencia. Coa incorporación deste material búscase “facilitar as tarefas do servizo de Protección Civil e emerxencias tales como a atención en accidentes de calquera tipo, así como a colaboración e apoio en materia de seguridade en probas deportivas e outros eventos”, indicou.

O servizo de Protección Civil e Emerxencias do Concello de Boiro conta na actualidade cunha vintena de voluntarios que atenden a todo tipo de emerxencias producidas no termo municipal; así como a colaboración en dispositivos de outros concellos para eventos e actividades deportivas ou culturais, incidencias solicitadas polo CIAE 112 ou as forzas e corpos de seguridade tales como incendios, accidentes de tráfico ou busca de desaparecidos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.