O Concello de Muros celebra o 14 de novembro a quinta edición da proba Nada e Corre

30 Outubro 2026

O sábado 14 de novembro vaise celebrar a partir das 10.00 horas a quinta edición do Nada e Corre do Concello de Muros. A inscrición está aberta na Piscina Municipal ou a través da web da Federación Galega de Tríatlon no apartado de competicións,

Muros é sede da proba clasificatoria da Zona 4 (Santiago de Compostela, Vedra, Noia, Muros e Outes)

A proba consistirá en nadar na piscina e correr nos seus arredores, e a clasificación será baseada na suma dos tempos de ambas disciplinas.

As categorías son prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.

“Será unha xornada de deporte infantil e xuvenil xa consolidada no calendario, coa que desde o Concello de Muros estamos encantados de colaborar”, explica Damián Torea, concelleiro de Deportes, que agarda “uns 200 atletas e as súas familias”.

Organizada pola Federación Galega de Tríatlon e o Concello de Muros, coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte; Protección Civil de Muros; GES Muros; Policía Local de Muros; persoal de Deportes (técnicos, persoal da piscina…), e os clubes deportivos de Muros, que aportan voluntarios para que o desenvolvemento da proba sexa mellor.

Outros artigos

O Concello de Muros renova a tubaxe de auga en Perousós (Louro)

A Concellería de Obras do Concello de Muros e a empresa concesionaria do servizo de auga están a traballar conxuntamente na substitución duns 50 metros de tubaxe en Perousós, na parroquia de Louro, debido ao seu mal estado e ás continuas perdas que se producían neste...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.