O Concello de Muros renova a tubaxe de auga en Perousós (Louro)

30 Outubro 2026

A Concellería de Obras do Concello de Muros e a empresa concesionaria do servizo de auga están a traballar conxuntamente na substitución duns 50 metros de tubaxe en Perousós, na parroquia de Louro, debido ao seu mal estado e ás continuas perdas que se producían neste tramo.

Nestes momentos, estase a proceder ao peche da gabia e nos vindeiros días repoñerase o firme da estrada.

A concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, sinala que estas actuacións terán continuidade noutros puntos do concello: “Está previsto realizar tamén traballos de cambio de tubaxe en Creo e instalar unha nova liña de abastecemento en Outeiriños. Seguimos avanzando nestas actuacións para resolver os problemas detectados e atender as necesidades dos distintos lugares de Muros”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.