
É, efectivamente, a consigna máis coreada desde o pasado mércores en calquera concentración cidadá que se realice en Galicia en contra de Vox e o fascismo. E no mesmo marco e tamén desde ese mércores, para protestaren contra as actuacións policiais duramente criticadas non só polos participantes nesas manifestacións -inicialmente pacíficas- nas que alguén acendeu a mecha que avivou a policía antidisturbios nunha das súas máis duras actuacións represivas vistas na Coruña nos últimos 40 anos.
Non son poucos o medios de comunicación os que cualifican estas intervencións nas rúas coruñesas, tanto polo mediodía como polo serán do mércores antedito, de “violencia policial” en protesta pola “visita” do líder de Vox, Santiago Abascal. Os disturbios entre a cidadanía e a Policía Nacional remataron con persoas detidas e feridas.
Onte, domingo, milleiros de persoas volveron sa polo mediodía en manifestación nas sete maiores cidades de Galicia contra a “violencia policial”, desta vez sen que se produciran incidentes, agás o provocado pola presencia na Coruña dun mozo embozado que exhibía unha bandeira española de escasas dimensións e que foi afastado da marcha de protesta ao pouco da seu intento de se integrar na mesma.
Foi unha protesta convocada por Galiza Nova en Santiago, Vigo, Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense na que novamente se escoitaron berros de “Galicia será a tumba do fascismo”, coreados pola maioría dos participantes nestas mobilizacións e que, ben seguro, van repetirse ao longo do día 11 de novembro durante a anuncuada folga xeral comvioc ada en Galicia polos sindicatos UGT, CC.OO. e CIG.


