María Xesús Blanco presentará o seu libro Folerpas no mar á rapazada de Ribeira en formato de contacontos

22 Outubro 2026
A escritora e mestra María Xesús Blanco. (Foto: Flora Iglesias / @lesmesfotografos)


O Día das Bibliotecas conmemórase cada 24 de outubro e o Concello de Ribeira celebrará esta efeméride coa presentación do libro Folerpas no mar, da escritora, mestra e presidenta da Asociación Cultural Barbantia, María Xesús Blanco, quen achegará a súa obra á rapazada ribeirense en formato de contacontos, para dar a coñecer as historias de Zahi e da cadeliña Furna na aldea de Buxaina.

Esta sesión terá lugar no sábado, 24 de outubro, ás 12.00 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas e está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos coas súas familias.

A entrada é libre e gratuíta, previa inscrición no enderezo electrónico normalizacion@ribeira.gal.

Repartirante tamén agasallos entre o público asistente.

A concelleira de Educación, Nucha Brión, manifesta que “asistiremos a un novo Sábado de Conto que será moi especial ao contar coa escritora e veciña María Xesús Blanco e o seu último libro”.

Será, nas súas palabras, “unha boa ocasión para achegarlles aos máis pequenos lecturas de calidade, crear neles o hábito lector e potenciar a creadores da nosa contorna”.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Nova finde de cinema en Muros con La Odisea e Minions & Monsters

O Concello de Muros programa unha nova fin de semana de cinema do 23 ao 25 de outubro con dúas propostas para diferentes idades: La Odisea, a aventura épica de Christopher Nolan, e Minions & Monsters, unha comedia de animación para gozar en familia. A programación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.