O Concello de Muros programa unha nova fin de semana de cinema do 23 ao 25 de outubro con dúas propostas para diferentes idades: La Odisea, a aventura épica de Christopher Nolan, e Minions & Monsters, unha comedia de animación para gozar en familia.

A programación comeza este venres ás 20:30 horas con La Odisea, que segue a viaxe de Odiseo tras a Guerra de Troia no seu intento de regresar á casa. A película, dirixida por Christopher Nolan e protagonizada por Matt Damon, Tom Holland e Anne Hathaway, entre outros, terá novas sesións o sábado e o domingo.
Pola súa banda, Minions & Monsters, dirixida por Pierre Coffin, leva os Minions ata Hollywood, onde intentan triunfar no mundo do cinema. Os seus plans complícanse cando liberan accidentalmente uns monstros e deben atopar a maneira de deter o caos que provocaron. As sesións serán o sábado e o domingo.

A concelleira de Cultura, Caridad González, pon en valor a variedade da oferta cinematográfica desta fin de semana, que combina unha gran produción de aventuras cunha proposta de animación pensada para o público familiar.
Horarios das proxeccións
Venres 23 de outubro
o 20:30 h · La Odisea
Sábado 24 de outubro
o 18:00 h · Minions & Monsters
o 20:00 h · La Odisea
Domingo 25 de outubro
o 17:00 h · Minions & Monsters
o 19:00 h · La Odisea
Venta de entradas na billeteira electrónica do Concello de Muros.



