Amnistía Internacional e Stop Deshaucios Barbanza fan un chamamento a incrementar a vivenda pública e social en Galicia

22 Outubro 2026

O Liceo Marítimo de Ribeira foi este mércores 21 de outubro o lugar de encontro dunha charla coloquio sobre o dereito á vivenda, organizada pola delegación de Amnistía Internacional no Barbanza.

Os relatores presentes foron Jessica García, presidente de Amnistía Internacional de Galicia, Gloria Angulo, membro de AI de Barbanza, Giovanni Spitaleri, avogado mexicano e promotor inmobiliario e José Manuel Pena, voceiro de Stop Desafiuzamentos Barbanza. Entre outras cuestións, abordaron a situación actual de escaseza de vivenda pública e social en Galicia e lembraron que existe un 30% de vivendas baleiras na nosa Comunidade. Tamén coincidiron á hora de afirmar que a vivenda é un dereito humano incontestábel.

Ademais, puxeron enriba da mesa a excesiva burocracia para a expedición dunha licenza de obras que se pode demorar uns 8 meses así como do programa TuCasa, sobre a concesión de 50.000 euros a interese cero para a compra da primeira vivenda, por pare do Goberno central.

Fíxose un amplo repaso sobre asuntos como a emerxencia habitacional que se está a vivir en moitas comarcas como o Barbanza, os excesivos prezos dos alugueiros por culpa da usura e da especulacións dalgúns propietarios, a obriga de garantir as alternativas habitacionais para a familias vulnerábeis por parte dos Concellos e a propia Xunta de Galicia, a Lei da Segunda Oportunidade para a condonación das débedas ás familias ou, tamén, a necesidade de garantir a negociación cos fondos de investimento e grupos inmobiliarios para a compra de inmóbeis con vistas a crear un banco de vivendas públicas que garantan as alternativas habitacionais.

Os problemas sobre a saúde mental que afecta a moitas persoas desafiuzadas, que as leva á depresión e mesmo ao intento de suicidio, foi outro dos temas abordados.

Todos os relatores intervenientes coincidiron de que se trata dunha cuestión de vontade política, necesaria para “acadar que a vivenda deixe de ser un problema que preocupa á maior parte da poboación”.

Outros artigos

Nova finde de cinema en Muros con La Odisea e Minions & Monsters

O Concello de Muros programa unha nova fin de semana de cinema do 23 ao 25 de outubro con dúas propostas para diferentes idades: La Odisea, a aventura épica de Christopher Nolan, e Minions & Monsters, unha comedia de animación para gozar en familia. A programación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.