“Incidentes na Coruña após un acto organizado por Vox” – Antón Luaces

22 Outubro 2026

Unhas 4.000 persoas concentradas na coruñesa praza de María Pita rexeitaron a celebración na mesma praza dun acto organizado por Vox. Dúas das persoas concentradas foron detidas e unha ducia feridas durante os disturbios e cargas policiais producidas no marco desta manifestación antifascista levada a cabo en protesta contra a presencia nese acto do líder de Vox, Santiago Abascal.

Após un cordón formado por unha ducia de vehículos da Policía Nacional posicionados nas inmediacións do palacio municipal, os manifestantes, convocados por organizacións  estudantís, Galiza Nova e o Sindicato de Inquilinas, entre outras,  berraron consignas como “A Coruña é antifascista” ou “Non sodes nada sen a Policía” sen que se produciran incidentes. Ao remate do acto de Vox rexistrouse unha carga da policía contra parte dos manifestantes.

Santiago Abascal dixo, en relación coa protesta contra da súa formación política, que “non hai coacción” que poida con eles referíndose a esa protesta que, segundo comentou ao remate do acto, porque a presencia dos manifestantes non lles da “ningún medo”. Reivindicou que con un cambio de Goberno “non será posíbel acosar aos cidadáns e acudir ás prazas a impedir que a xente poida expresarse en liberdade”.

Durante o acto houbo lanzamento de pedras, ovos e petardos aos que a Policía respondeu con botes de fume, pelotas de goma e as citadas cargas. 

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.