
O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou precariedade das pensións dos xubilados, entre outros aspectos cotiáns da vida cidadá. O Sur de Europa non está conforme co devir da existencia da maior parte dos seus habitantes, aínda que a resposta a tal situación está a ser moi distinta.
O detonante en España foi o prezo dos alugueiros das escasas vivendas que, en teoría, poderían ser accesíbeis para a maior parte da xuventude e os traballadores e que, na realidade, só benefician aos rentistas. O desafiuzamento obrigado de persoas con alugueiros ao seu cargo sen ter en conta as condicións en que quedan as mesmas unha vez que intervén (por orde xudicial) a Policía Nacional -non sempre de xeito xustificado- no seu desaloxo, mobiliza a unha cidadanía que entende que a suba de alugueiros non está xustificada e nen sequera as condicións das vivendas estean acordes co importe dese alugueiro que se leva arredor do 75% da pensión dun xubilado, o 90% do salario da xente nova e que conduce a uns e outros a se integrar en colas de veciños que agardan unha axuda de entidades que existen de puro milagre para que eles podan subsistir.
Os salarios non permiten vivir e menos se quen paga un alugueiro ten familia ao seu cargo. A protesta, polo tanto, está xustificada: traballas e non podes vivir; levas a protesta á rúa e intervén a policía. Que facer?.
En Francia, centos de detidos e feridos nos enfrontamentos entre veciños e policías, asaltos a centros comerciais, incendios de vehículos e carencia de xustificación destes actos. En Italia, máis do mesmo e unha decisión gobernativa de estender aos menores de idade a detención preventiva e a tipificación como delito da participación violenta nas protestas.
Estamos tolos, ou?.
O Sur. Sangue quente ou simplemente necesidade de levar a protesta á rúa porque non é o pobo quen máis ordena?.
Si: daqueles pos estes lodos.
Así nos vai. E como nos irá a partir de 30 de novembro?


