O IES A Cachada de Boiro logra o premio nacional no Concurso Consumópolis

20 Outubro 2026

O IES A Cachada de Boiro resultou gañador do Premio Nacional da 21ª edición do Concurso Escolar Consumópolis, onde representou a Galicia. O galardón foi entregado aos estudantes este martes 20 de outubro, nun acto que contou coa presenza da xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Sol Vázquez.

O certame, organizado polas diferentes administracións autonómicas en colaboración co Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, ten como obxectivo fomentar entre o alumnado hábitos de consumo responsábel, crítico e sostíbel, con especial atención aos retos que presenta a contorna dixital. Nesta edición, celebrada baixo o lema Á hora de consumir, que non te domine o click, os participantes reflexionaron sobre a influencia da publicidade e da mercadotecnia dixital, o papel das persoas influentes nas redes sociais, as compras impulsivas en liña e o uso de algoritmos que poden condicionar as decisións de consumo, así como sobre a importancia de coñecer e exercer os dereitos das persoas consumidoras e usuarias.

O concurso está dirixido a estudantes de 5º e 6º de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica. A competición desenvolveuse en dúas fases —autonómica e nacional— e combinou un percorrido virtual por Consumópolis, no que as rapazas e rapaces debe superar diferentes probas educativas, xunto coa elaboración dun traballo colectivo sobre consumo responsable.

Nesta 21ª edición, o reto creativo consistiu na realización dun podcast de ata tres minutos, elaborado polo propio alumnado, que debía incorporar un título, un lema relacionado co tema central do certame e reflectir como as decisións de consumo poden contribuír a transformar a sociedade e o mundo. En Galicia participaron un total de 123 equipos, distribuídos en tres categorías por idades. Na fase autonómica recoñecéronse os tres mellores traballos de cada categoría, con premios de 1.000 euros para os primeiros clasificados, 600 euros para os segundos e 300 euros para os terceiros. Os equipos gañadores do primeiro premio autonómico en cada categoría accederon á fase nacional, na que o IES A Cachada de Boiro acadou o recoñecemento estatal en materia de consumo.

Outros artigos

Ribeira organiza unha charla sobre compostaxe doméstica e comunitaria

O Concello de Ribeira organiza a charla Compostaxe doméstica e comunitaria, unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar osresiduos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida. A cita será o mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.