A ABE habilita un punto de información para aproveitar ao máximo os bonos MercaNaVila en Boiro

20 Outubro 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) puxo en marcha un dispositivo especial de apoio á campaña MercaNaVila 2026, iniciativa promovida pola Deputación da Coruña, co obxectivo de facilitar o acceso aos bonos da campaña, ampliar a difusión da iniciativa e animar a cidadanía a aproveitar esta oportunidade para realizar as súas compras nos establecementos adheridos.

A ABE quere que “ningunha persoa deixe de beneficiarse da campaña por non saber como descargar os bonos”. Para conseguilo, a asociación preparou unha campaña de promoción nas redes sociais (no Facebook, en Instagram e en breve no Youtube) cun vídeo explicativo, en clave “simpática e próxima”, que mostra dun xeito sinxelo como acceder aos bonos e descargalos. A acción complétase con publicidade dixital para dar a coñecer a iniciativa máis alá do propio municipio e atraer compradores a Boiro.

Para a ABE, un dos aspectos máis destacados da campaña é que non é necesario residir en Boiro para descargar e utilizar os bonos nos establecementos adheridos do municipio. De feito, explica a asociación, “poden beneficiarse persoas doutros concellos, sempre que cumpran as condicións da convocatoria”. A iniciativa abrangue a provincia da Coruña e está dirixida a impulsar as compras no comercio local dos municipios participantes de menos de 20.000 habitantes.

“Deste xeito, MercaNaVila representa unha oportunidade para que persoas de toda a contorna, e mesmo de fóra de Boiro, se acheguen ao municipio e aproveiten os descontos para facer as súas compras nos negocios locais”, informou a ABE.

Descontos de ata 30 euros por compra

Os bonos MercaNaVila ofrecen descontos directos en función do importe da compra, de acordo cos seguintes tramos:

De 20 € a menos de 30 €, 10 euros de desconto.

De 30 € a menos de 50 €, 20 euros de desconto.

50 € ou máis, 30 euros de desconto.

Estes descontos permiten aforrar nas compras e, ao mesmo tempo, contribúen a dinamizar a actividade económica dos establecementos adheridos. A ABE anima a consultar as condicións de utilización dos bonos e a comprobar os negocios participantes antes de realizar as compras.

Un punto de información para axudar a descargar os bonos

Ademais da promoción dixital, a ABE habilita desde hoxe un punto de información itinerante, atendido por dúas persoas que axudarán a descargar os bonos directamente nos teléfonos móbiles e resolverán as dúbidas das persoas interesadas.

O servizo pretende eliminar as posíbeis dificultades tecnolóxicas e facilitar que calquera persoa interesada poida acceder á campaña. O punto de información funcionará de 11.00 a 13.00 horas nas seguintes localizacións:

· Martes 20 de outubro: Mercado Municipal.

· Mércores 21 de outubro: rúa Principal, xunto ao bar Castelao.

· Xoves 22 de outubro: zona peonil, xunto ao Café Ágora.

· Venres 23 de outubro: zona peonil, xunto á libraría El Cisne.

· Sábado 24 de outubro: Mercado Municipal.

As persoas que precisen axuda só terán que achegarse ao punto de información para recibir asistencia durante o proceso de descarga.

O novo calendario ABE 2027, agasallo para as 300 primeiras persoas

A asociación completará estas accións cun incentivo especial: as 300 primeiras persoas que visiten o punto de información recibirán o novo calendario ABE 2027.

Con esta iniciativa, a asociación aproveita a chegada do seu tradicional calendario para manter o contacto coa veciñanza, achegar información sobre MercaNaVila e animar a máis persoas a participar na campaña.

Desde a ABE destacan “a importancia de combinar a difusión dixital coa atención presencial para que as oportunidades que ofrecen estes bonos cheguen ao maior número posíbel de persoas”. A asociación anima tanto á veciñanza de Boiro como ás persoas doutros municipios a informarse, descargar os seus bonos e aproveitar os descontos nos establecementos adheridos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.