Testemuños da postguerra, un artigo de José Manuel Pena

18 Xuño 2020

Grazas ao agasallo dun bo veciño puiden mergullarme, este fin de semana, na lectura dun arrepiante libro e imaxinarme a crúa realidade pola que pasaron miles de persoas durante a Guerra Civil española e a súa postguerra. Las cartas de la Pirenaica: memoria del antifranquismo, coas súas máis de 500 páxinas, é unha amálgama, resumida, de máis de 15.000 cartas lidas na que era considerada como “Radio España Independente”, ao longo dos anos 1941 até 1977.

Era a única emisora española sen censura de Franco e os oíntes informaban, a través das súas cartas, de todo aquilo que viran e padeceran e que os demais medios de comunicación españois non quixeran difundir ou publicar. Estas cartas constitúen auténticos testemuños escritos de persoas que se ispen emocional e espiritualmente. Historias de heroísmo, de solidariedade, de fosas comúns, prisións e de sufrimento pero todas elas conteñen un alto grao de frustración no lexítimo desexo de levar unha vida digna.

Paga a pena ler os estarrecedores relatos dalgunhas vítimas da postguerra. “Durante os días de liberación as rúas e prazas enchéronse de cadáveres. Como eran tantos e non daba tempo a abrir as fosas para ser enterrados foron queimados en grandes piras xunto ás tapias do cemiterio. Entraban nas casas e sacaban aos homes, e cando se negaban eran fusilados en presenza da súa muller e fillos”.

Na publicación constátase que durante moito tempo ocultáronse en España os numerosos crimes de tipo sexual perpetrados durante a Guerra Civil e na postguerra contra mulleres do bando republicano. A violación tapábase co asasinato e as agresións quedan impunes. En 1936, o xeneral Queipo de Llano incitaba claramente a atacar ás mulleres: “Isto é totalmente xustificado porque estas comunistas e anarquistas predican o amor libre. Agora polo menos saberán o que son homes de verdade e non milicianos maricóns. Non se van a librar, por moito que berren e pateen”.

Demasiadas vexacións deixaron os vencedores da contenda, entre españois: “Percorra todas as provincias españolas e pregunte ás viúvas onde están enterradas os seus maridos e aos orfos os seus pais e aos pais onde os seus fillos. Un día non haberá suficientes divisións acoirazadas para suxeitar o empuxe. Un coro de ultratumba, do monte, do río, da cuneta, da sima, estar a gritar día e noite: nós estamos aquí!”.

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.