Outes organiza unha visita gratuíta (e ambiental) a SOGAMA e á Cidade da Cultura

15 Outubro 2026

O Concello de Outes organiza o xoves 22 de outubro unha xornada de visita ao Complexo Medioambiental de SOGAMA, en Cerceda, e máis á Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. A actividade está aberta á veciñanza adulta do concello e inclúe o desprazamento en autobús, con saída ás 09:15 desde Outes (punto de saída a confirmar polo Concello) e regreso previsto arredor das 18:05.

Pola mañá, de 11:00 a 13:30, o equipo de educación ambiental de SOGAMA guiará o grupo polo complexo de Cerceda, onde se tratan os residuos domésticos da maior parte dos concellos galegos. A visita permite ver en directo que pasa co lixo unha vez que sae da casa: como chega á planta, como se clasifica, que materiais se recuperan e como se valoriza o resto.

Despois do xantar en Santiago, ás 16:00 horas o grupo fará a visita arquitectónica guiada á Cidade da Cultura, un percorrido a pé dunha hora polo complexo deseñado por Peter Eisenman no monte Gaiás, co Museo Centro Gaiás, a praza central e as vistas sobre a cidade.

O obxectivo da xornada é que as persoas participantes “entendan por que separar ben na casa mellora a reciclaxe e reduce o que acaba en tratamento final, e reforzar o uso correcto de cada colector, en especial o marrón para a materia orgánica”, explican dende o Concello de Outes.

A actividade é gratuíta e ten 50 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. Para anotarse hai que pasar polo Centro Social de Outes, de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas, ata o luns 19 de outubro, facilitando nome, DNI e intolerancias alimentarias. Parte das visitas son a pé e ao aire libre, polo que se recomenda calzado cómodo e roupa axeitada ao tempo.

A actividade, que desenvolve a empresa Permae baixo a marca O Camiño Sostible, está financiada pola Xunta de Galicia a través das axudas para incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.