O Concello de Boiro inviste máis dun millón de euros en obras de pavimentado e mellora de servizos en distintos núcleos do termo municipal

13 Outubro 2026
Obras recentes no Saltiño

O Concello de Boiro vai executar obras de pavimentado en diversos núcleos do termo municipal por un importe de 1.104.713,31 euros. As actuacións vanse levar a cabo con medios propios e licitaranse durante o último trimestre do ano.

Inclúense actuacións para a renovación en varias rúas do núcleo urbano de Boiro, por importe de 496.769,37 euros. Este proxecto contempla o asfaltado da avenida da Constitución, dente a rotonda da avenida de Compostela ata a rotonda de Espiñeira; tamén contempla o pavimentado dun tramo da rúa Norberto Pijuán con Vimieiro; un tramo da rúa Estatuto de Galicia e a rúa Dereitos Humanos; e unha vía en Boiro de Arriba.

Tamén no núcleo de Boiro levarase a cabo un proxecto dun importe de 109.520,42 euros na que se contempla o asfaltado dunha estrada da zona da escola unitaria e centro médico do Saltiño; o Camiño Real; a rúa Breiro no tramo comprendido entre a AC-305 e a av. da Constitución; e a zona da rotonda da Mancomunidade e a rúa Salvador Allende.

Contemplase tamén a renovación do pavimento e mellora de recollida de pluviais na Agra Vella en Cabo de Cruz, unha obra dun importe de 118.595,57 euros. Trátase dunha actuación mediante a que se vai actuar na mellora da rede de recollida de pluviais e a renovación da capa de rodadura asfáltica, que se completará con sinalización horizontal.

Vaise executar un pavimento en Lampón, na estrada que vai de Peralto ao Porto e na rúa Padre Joseba Beobide, por un importe de 77.448,99 euros. “Trátase de dúas estradas que, na actualidade, presentan un avanzado estado de deterioro agravado polas choivas deste inverno”, informou o Concello, que tamén inclúe neste programa a renovación do pavimento en Abanqueiro no acceso á Aldea Vella dende a DP1101, unha actuación de 98.472,33 euros. Neste proxecto vanse executar os traballos previos de limpeza para a reposición do pavimento asfáltico, a posta a cota dos rexistros existentes e finalizar coa sinalización horizontal.

Proxéctase tamén a execución do asfaltado da vía de Berres ata o Saltiño, unha actuación dun importe de 103.519,46 euros coa que se vai solventar “o gran deterioro do firme con zonas desgastadas que fai que perda as condicións axeitadas de rodadura”, informou o Concello, engadindo que se trata “dunha vía que discorre maioritariamente por solo rústico e que presta servizo a un pequeno ámbito residencial”.

Está previsto tamén o pavimentado da pista municipal do depósito a Espiñeira, unha actuación de 100.387,17 euros para arranxar unha pista pública que da acceso ao depósito municipal de auga que presenta un avanzado estado de deterioro.

Algunhas destas obras están xa publicadas na Plataforma de Contratos do Sector Público para que as empresas interesadas poidan presentar as súas ofertas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.