
Este mércores 7 de outubro inauguráronse con gran éxito de público as III Xornadas da Historia de Muros, coordinadas pola investigadora Marga Novo. Na cita participaron a alcaldesa, María Lago, e a concelleira de Cultura, Caridad González.
Josefa Fernández e María Mayo, técnicas do concello, interviron e presentaron a exposición Muros nos seus documentos.
As actividades proseguen este xoves 8 de outubro na antiga Fábrica de Sel ás 20:00 horas coa charla Singularidades da Semana Santa de Muros, de María Mayo.
Todas as sesións levaranse a cabo na Fábrica de Sel.

O venres 9 tamén ás 20h está prevista a charla A salga e as conserveiras e Muros, da man do historiador Santiago Llovo.
O día 10, tamén ás 20h, Manuela Lariño (experta en conservación e restauración de patrimonio) falará de As capelas portátiles e a súa salvagarda.
A continuación haberá un concerto de clausura a cargo de Rafa Fernández (guitarra acústica) e Benjamín Otero (oboe).
As xornadas serán conducidas por Marga Novo Malvárez, doutora en Historia da Arte (UIB).
A concelleira de Cultura, Caridad González Cerviño, sinalou que “o principal obxectivo destas xornadas é poñer en valor o noso patrimonio histórico e cultural, incidindo na importancia de coñecer as particularidades da nosa vila da man da veciñanza”.




