
A veciñanza do Concello de Outes xa comezou as actividades deste curso que se ofertan dende o Centro Social.
Trátase das alternativas que ofrecen dende o Consistorio e que aspiran a “mellorar a calidade de vida das persoas favorecendo así un día a día activo e participativo”.
Tal e como apuntan fontes municipais “son actividades que se van ampliando en función da demanda, constante e ascendente. Pretendemos promover e dinamizar o rural ca posta en marcha destas actividades nos centros socioculturais das parroquias poñendo en valor a importancia destes centros como lugares de encontro e participación ondea topar novos intereses, potenciar habilidades e favorecer a comunicación entre a veciñanza”.
O Concello de Outes oferta un total de 37 actividades cunha participación de preto de 650 veciños veciñas. Ademais dos cursos no Centro Social da Serra, tamén se propuxeron como lugares para desenvolver actividades en Pontenafonso, Cando, Vila do Monte, San Lourenzo, Cruceiro de Roo, San Cosme e Freixo.



