O alumnado do Programa Integrado de Emprego fórmase en manexo de drons

02 Outubro 2026

O alumnado do Programa Integrado de Emprego do curso 2025/2026 que o Concello de Boiro leva a cabo coa colaboración dos concellos de Rianxo e A Pobra, finaliza o curso de Pilotaxe Profesional de Drons.

Participaron 11 alumnos e alumnas que recibiron 36 horas formativas en operativa para manexo profesional de vehículos aéreos non tripulados, foto e vídeo aéreo. A formación incluíu un módulo de pilotaxe submarino que permite o uso de drons para traballos en acuicultura, bateas e no mar.

Esta formación permitiu que o alumnado acadase as licencias CTS01 e CTS02 segundo a normativa da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA).

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2025/2026 realízase coa colaboración do Concello de Rianxo e da Pobra, e está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

COGAMI impulsa unha campaña para captar talento de xente nova

A campaña tamén chegou ao Centro Social de Boiro A confederación inclusiva COGAMI que preside o sonense Anxo Queiruga lanzou unha campaña de sensibilización e captación de talento de mozas e mozos para dar a coñecer o Servizo de Emprego entre a xente nova con...

+

Noia homenaxea este domingo a Sebastián Paz Suárez

O Concello e veciñanza de Noia van homenaxear este domingo ao profesor e escritor Sebastián Paz Suárez (Noia, 1943), neto do compositor Felipe Paz Carvajal e comprometido coa recuperación e reivindicación da historia do seu avó, destacado autor musical, director de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.