“A velada de Londres” de ButacaZero chega a Muros este 3 de outubro

30 Setembro 2026

O Auditorio de Muros acolle este sábado 3 de outubro ás 20:30 horas a representación de A velada de Londres, a nova produción teatral da compañía ButacaZero, que abrirá a programación de outono-inverno de artes escénicas no municipio.

A montaxe parte dun texto de Manuel Lourenzo, unha das figuras máis destacadas da dramaturxia galega contemporánea, e constitúe tamén unha homenaxe á súa figura e ao seu legado artístico.

A concelleira de Cultura, Caridad González, destacou que “é unha satisfacción abrir a nova tempada teatral cunha compañía de referencia como ButacaZero e cun espectáculo que reivindica a figura de Manuel Lourenzo, unha persoa fundamental para comprender a historia recente do teatro galego”.

Coincidindo coa representación, o público poderá visitar tamén unha pequena exposición dedicada A Manuel Lourenzo.

As entradas teñen un prezo de 4 euros e poden adquirirse a través da billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural.

En A velada de Londres, a trama parte do retorno de Jonathan Harker á súa vida burguesa tras a viaxe aos Cárpatos e a súa posterior experiencia obsesiva co Conde Drácula. A través dunha estética vitoriana que se vai transformando a medida que o elemento atávico se apodera do espazo, a proposta afástase do terror convencional para abordar a tensión entre a razón e os instintos, entendendo a figura do vampiro como un símbolo de liberación e aceptación do desexo.

A posta en escena integra de xeito orgánico o traballo interpretativo dos actores Xurxo Cortázar, Sophia Rodal e Teo Piñeiro xunto á voz e o violonchelo da artista noiesa Esperanza Mara, quen executa a banda sonora orixinal composta para o espectáculo por Iago Hermo. A súa presenza fai que o público poida gozar dunha velada teatral, mais tamén musical, salientan dende ButacaZero.

Outros artigos

Este domingo celébrase a Carreira Pedestre de Esteiro

Este domingo 4 de outubro vaise celebrar finalmente a Carreira Pedestre de Esteiro, unha importante cita deportiva cun amplo abano de modalidades para favorecer a máxima participación de deportistas de todas as idades e condicións físicas: 8K, 3K, 2K, 500 metros e 100...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.