Este domingo celébrase a Carreira Pedestre de Esteiro

30 Setembro 2026

Este domingo 4 de outubro vaise celebrar finalmente a Carreira Pedestre de Esteiro, unha importante cita deportiva cun amplo abano de modalidades para favorecer a máxima participación de deportistas de todas as idades e condicións físicas: 8K, 3K, 2K, 500 metros e 100 metros. A cita comezará ás 10.30 horas.

A proba está organizada por Os Salta Rejos, coa colaboración do Concello de Muros

O prazo de inscrición remata este xoves pola noite e pode facerse a través de cronotec.es.

“Haberá probas de diferentes distancias e para todas as idades”, asegura o concelleiro de Deportes, Damián Torea, que destaca “o traballo durante todo o ano de Os Salta Rejos, organizando moitas actividades para a veciñanza”.

O Concello agradece o traballo da Brigada de Obras, persoal municipal de Deportes, Policía Local, Garda Civil, GES e Protección Civil.

Outros artigos

Comezan os obradoiros sostíbeis de Nadal no municipio ribeirense

Obradoiros en Carreira Ribeira iniciou na fin de semana os obradoiros sostíbeis de Nadal coa súa impartición nas parroquias de Palmeira, Carreira e Castiñeiras, onde "houbo gran éxito de participación", segundo destacaron os concelleiros Víctor Reiriz e Emilio Pérez,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.