Co inicio do outono, o cinema volve a Noia: farao da man do IV Ciclo Cine na Vila.
A primeira cita é este domingo 27 de setembro con Tres Adioses, de Isabel Coixet.
Este filme, un dos máis celebrados da directora catalá por parte da crítica e do público, cóntanos a historia de Marta, que cando intenta reconstruír a súa vida recibe un diagnóstico inesperado. Entón comeza a mirar doutra maneira as pequenas cousas: a comida, a música, o amor e o tempo que ten por diante. Será este domingo ás 18:30 h no Teatro Coliseo Noela, con apertura de portas ás 18:15 h. O filme, recomendado para maiores de 12 anos, achégase en versión orixinal subtitulada en español. A entrada é de 4 € máis gastos de xestión. Pódense adquirir en Ataquilla.com. O ciclo, organizado polo Cineclub de Noia Claudio Guerín, continuará con I Swear o 11 de outubro e Romería o 25 de outubro.



