- A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña
- As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir
A chegada dunha fronte fría polo litoral atlántico marcará o tempo deste domingo 27, San Vicente de Paúl, na comunidade galega, nunha xornada na que a inestabilidade irá a máis a medida que avancen as horas. O día comezará con intervalos de nubes medias e altas en xeral, mais o avance da mañá traerá consigo a entrada de nubes baixas polo litoral da Coruña que acabarán cubrindo os ceos de boa parte do territorio durante a tarde.
As precipitacións farán acto de presenza principalmente na segunda metade da xornada, sendo máis probables e persistentes na provincia da Coruña, na franxa costeira das rias e de Pontevedra e na comarca da Mariña de Lugo.
No relativo aos termómetros, agárdase un comportamento dispar: as temperaturas mínimas rexistrarán un ascenso moderado respecto aos días previos, mentres que as máximas sufrirán unha caída moderada pola entrada da masa de aire máis frío e a falta de insolación.(máximas 24 graos).
O réxime de ventos manterase frouxo durante toda a xornada, soprando de compoñente sur nas primeiras horas do día e virando progresivamente a norte a medida que a fronte complete o seu desprazamento sobre a comunidade.

O noso mar; Vento variable á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.



