Centos de ex colexiais do Colexio Maior San Clemente urxen a súa rehabilitación e reapertura

25 Setembro 2026

O manifesto ‘Salvar San Clemente’ reclama ás administracións públicas que garantan o financiamento necesario

“Reabrir San Clemente non é só un imperativo patrimonial ou de seguridade pública. Trátase dunha urxencia social de primeira orde ante a grave emerxencia habitacional que atravesa Santiago de Compostela. Cun mercado inmobiliario tensionado e uns alugueiros cada vez máis inasumibles para un número crecente de familias e estudantes, manter clausuradas ducias de prazas públicas de aloxamento universitario constitúe unha contradición inaceptable. Recuperar este colexio maior contribuirá á igualdade de oportunidades no acceso á educación superior, ofrecendo un teito digno e accesible a quen elixa Santiago para desenvolver a súa etapa universitaria”. Así reza o manifesto ‘Salvar San Clemente’ que un nutrido grupo de ex colexiais do colexio maior fixo público estes días, logo do derrube de parte da fachada exixindo solucións ao peche desta infraestrutura universitaria.

“Pechado hai xa máis de cinco anos debido a deficiencias estruturais e a unhas instalacións obsoletas, San Clemente continúa á espera dunha rehabilitación integral que lle permita recuperar a súa función e dignidade. A falta de financiamento impediu ata agora acometer as obras necesarias”, afirma o comunicado. Para as persoas asinantes, o recente derrubamento dun dos seus balcóns é “a evidencia tanxible dun abandono prolongado que deixou o edificio nunha situación de deterioración crítica” e “debe actuar como o catalizador definitivo”. “A comunidade universitaria e a cidadanía non poden resignarse a contemplar a ruína silenciosa do Colexio Maior San Clemente mentres a humidade e a vexetación aceleran a súa deterioración estrutural e arquitectónica”, sentencian.

O comunicado remata apelando ás administracións públicas competentes nos ámbitos local, autonómico e estatal: “resulta inaprazable que unan vontades e garantan con carácter urxente o financiamento necesario para retomar o plan de rehabilitación e facer posible a súa reapertura”.

Aberto a sinaturas e referendado ata o de agora por duascentas persoas, o manifesto presentouno esta mañá unha representación dos asinantes, todos eles ex colexiais, diante do propio Colexio. Neste acto, no que o profesor Julio González Díaz foi o encargado de dar lectura ao manifesto, estiveron acompañados pola reitora, Rosa Crujeiras, e o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Planificación Económica e Infraestruturas, Roberto Bande, quen mostraron o seu apoio a esta acción.

O profesor Julio González Díaz foi o encargado de dar lectura ao manifesto. Foto: Santi Alvite


 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.