O Concello de Muros súmase dende este venres 25 de setembro á estrea dunha das películas españolas máis destacadas do ano, La bola negra, dirixida por Javier Calvo e Javier Ambrossi, gañadores do premio á Mellor Dirección no Festival de Cannes e coa película escollida para representar a España na carreira aos Premios Oscar.
Unha historia inspirada no universo de Federico García Lorca, con interpretacións de Guitarricadelafuente, Miguel Bernardeau, Lola Dueñas, Penélope Cruz e Glenn Close, entre outros.
Venres 25 de setembro · 20:30 h
Sábado 26 de setembro · 17:30 h e 20:30 h
Domingo 27 de setembro · 17:00 h
Entradas dispoñíbeis na billeteira electrónica municipal e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.




