Karin Kuijper inaugura este venres no Auditorio de Rianxo unha nova exposición: “Mar de flores”

23 Setembro 2026

Karin Kuijper, artista holandesa afincada en Rianxo, vai expoñer este outono no Auditorio Municipal da súa vila de adopción. A mostra chámase Mar de flores, e poderá verse dende o 25 de setembro ata o 18 de outubro. A inauguración será este venres ás 20.00 horas na sala de exposicións do Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo. Contarase coa presenza da artista pero tamén de José María Fernández Sanz recitando a Rafael Alberti e con acompañamento musical de Bernal Muíños ao saxofón.

Karin Kuijper, nacida en Utrecht (Países Baixos), é unha pintora autodidacta que vive dende hai anos en Rianxo. Apaixonada pola arte dende a infancia, adícase á pintura de maneira constante dende 2012. Co seu estilo naíf, cheo de cor e fantasía, Kuijper plasma en acrílico escenas dos costumes tanto holandeses como galegos, como romarías, barcos, peixes, xardíns e flores. Ademais, nas súas obras adoita incluír ás súas mascotas, Chula e Bribón.

A artista comezou a expoñer en 2014 e, desde entón, o seu traballo foi gañando recoñecemento.

Exposicións realizadas:

2014 – Galería Mundo Creativo (Boiro)
2014 – Local comercial na Rúa do Medio (Rianxo)
2015 – Galería Sargadelos (Boiro)
2015 – Tenda Rei Zentolo (Ribeira)
2016 – “Memorias” – Auditorio de Rianxo
2018 – “Gente del Mar” – Auditorio de Rianxo
2020 – “Galicia viva” – Auditorio de Rianxo
2022 – “Emociones” – Auditorio de Rianxo
2023 – Exposición colectiva “BarbantiArte” no Museo do Gravado de Artes (Ribeira)
2024 – “Sentimentos” – Auditorio de Rianxo
2024 – “Actividades” – Casa da Cultura Raquel Fernández Soler (Pobra do Caramiñal)
2025 – Exposición colectiva “Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia” – Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)
2025 – “A vida entre dúas terras” – Casa da Cultura Raquel Fernández Soler (Pobra do Caramiñal)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.