O sol e o ambiente cálido resisten en Santiago e nas Rías Baixas nun mércores marcado polas brétemas costeiras

22 Setembro 2026

Comeza o outono ás 02,05 e a estabilidade meteorolóxica continuará a ser a gran protagonista deste mércores 23, San Lino. As Rías Baixas vivirán un día de marcada influencia marítima. Aínda que o sol dominará o ceo durante o groso da xornada, a previsión meteorolóxica advirte da entrada de brétemas costeiras tanto nas primeiras como nas últimas horas do día, un fenómeno habitual nestas condicións que poderá reducir temporalmente a visibilidade na liña de costa.

Na contorna de Santiago de Compostela e as súas comarcas agárdanse ceos practicamente despexados ou con presenza ocasional de nubes altas que non impedirán o paso da luz solar, malia a posibilidade de que se forme algún banco de néboa matinal illado a primeiras horas nos vales interiores. Os termómetros rexistrarán un lixeiro descenso respecto a xornadas precedentes, mantendo con todo valores moi agradables e ambiente suave durante a tarde.(máximas de 30-32 graos)

En canto ao réxime de ventos, soprarán frouxos e de dirección variable nas Rías Baixas e no interior coruñés, aínda que con predominio da compoñente nordés, contrastando coa situación máis axitada do litoral norte galego, onde se agardan refachos máis intensos.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do oeste á noite, forza 1 a 3 á mañá e á noite e 1 a 2 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e mar rizado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.