Muros acolleu a inauguración de ‘Sinaladas. A loita das mulleres no século XX’

22 Setembro 2026

O Cine París de Muros acolleu este sábado a presentación da exposición Sinaladas. A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión, unha mostra que nos achega ás historias de mulleres que loitaron, avanzaron, abriron camiños e tamén sufriron a represión e o silencio.

Durante o acto contouse coa presenza da investigadora Montse Fajardo Pérez, que acompañou a inauguración cunha charla, e coa deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, Sol Agra.

A alcaldesa de Muros, María Lago, afirmou que “é unha honra que Muros sexa o lugar escollido para inaugurar esta exposición. Queremos agradecer á Deputación da Coruña que conte connosco para traer ata aquí estas historias, porque coñecer o que viviron e polo que loitaron as mulleres que nos precederon é tamén coñecer a nosa propia historia.”

Maruxa Martínez, concelleira de Muller, sinalou que “hai que por o foco na necesidade de darlles nome, voz e espazo ás mulleres que durante tanto tempo quedaron fóra dos relatos oficiais, hai que lembrar que moitos dos dereitos e liberdades actuais teñen detrás anos de loita e esforzo”, e engade, “as historias das Sinaladas son memoria colectiva. Son historias de mulleres concretas, pero tamén son parte da historia que construímos como sociedade. Lembralas, coñecelas e poñelas no lugar que merecen é unha responsabilidade colectiva”.

A exposición poderase ver no Cine París de luns a venres ata o 28 de setembro incluído, en horario de 10h a 14h.

A mostra propón unha andaina pola loita que as galegas, e nomeadamente as mulleres da provincia da Coruña, emprenderon durante cen anos: desde o agrarismo de finais do século XIX ata o papel xogado no proceso de transición iniciado tras a morte do ditador Francisco Franco. Formada por 39 paneis, a mostra está dividida en tres grandes bloques, que a trazo groso se corresponderían co tempo anterior ao golpe de Estado, o período que vai deste ao fin da guerrilla, e o da loita en prol da recuperación das liberdades democráticas.

Sinaladas ten por obxecto dar a coñecer a centos de mulleres, que malia o sinaladas (destacadas) que eran, ficaron descoñecidas logo de ser sinaladas (perseguidas) pola intransixencia, non só franquista, que as relegou a un esquecemento do que esta mostra as quere quitar.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.