Mantense o Nivel 1 (amarelo) no noroeste, interior e suroeste da Coruña; montaña de Ourense e as Rías Baixas e vermello no interior de Pontevedra.
A estabilidade meteorolóxica continuará marcando a xornada deste martes 22, San Mauricio, grazas á persistencia da influencia anticiclónica, á que se sumará a entrada de aire cálido procedente de latitudes inferiores.
O día comezará con bancos de néboa illados en puntos do interior que tenderán a disiparse co paso das horas, dando paso a un panorama xeral de tempo seco e ceos solleiros en practicamente toda a comunidade.
Pola súa banda, as temperaturas non experimentarán cambios significativos, manténdose nos valores dos últimos días (máximas 32 a 34 graos). Os ventos soprarán de compoñente nordés, con intensidade frouxa en liñas xerais.

O noso mar; Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.



