Noia ponse en marcha contra o cancro este sábado 19 de setembro

19 Setembro 2026

Este sábado 19 de setembro, Noia volverá camiñar unida por unha boa causa coa celebración da andaina solidaria Noia en marcha contra o cancro, organizada pola delegación local da Asociación Española Contra o Cancro A Coruña (AECC).

A saída será ás 17:00 horas desde a Alameda, cun percorrido de 3 quilometros pola Alameda, centro histórico e paseo marítimo.

As inscricións están abertas nos seguintes establecementos: Mi Casa · Mundiart · El Jardín · Bazar Marucha · Chepi · Pisa Morena · Lencería María Durán · Tecidos Lamas · Modas Clavel · Rosita Moda ·Droguería Luma · Xoiaría Anelos · Calzados Monchel · Xoiaría Petisco · Óptica Boa Vista · Federópticos Larrondo · Rekord Sport · Deportes Casais · Calzados Viñas.

O prezo por participar será de 8 euros para persoas adultas e de cinco euros para nenas e nenos de ata 12 anos.

Tamén é posíbel realizar a inscrición a través da web da Asociación Española Contra o Cancro. E para aquelas persoas que non poidan ou non desexen participar directamente na andaina, habilítase a posibilidade de adquirir o dorsal solidario.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.