Evacuado en helicóptero un ciclista tras sufrir unha caída na Picaraña

11 Setembro 2026

Un ciclista tivo que ser evacuado de urxencia na tarde deste venres a bordo dun helicóptero medicalizado tras sufrir unha caída cando circulaba polo termo municipal de Padrón. O suceso tivo lugar pasadas as 16:20 horas nas inmediacións da rotonda da Picaraña, situada na parroquia de Cruces.

Segundo informou o servizo do 112 Galicia, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 xa tiña en marcha o protocolo de mobilización da aeronave con base en Santiago no momento en que entraron as primeiras chamadas de alerta. O equipo médico prestou a primeira asistencia á vítima no propio lugar antes de proceder ao seu traslado por vía aérea.

Para colaborar na zona e facilitar a toma de terra da aeronave e a atención á vítima, o centro de emerxencias coordinou a intervención de efectivos da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Padrón, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) e o Servizo Municipal de Protección Civil do municipio padronés.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.