
O Concello de Ribeira anunciou que vai poñer en funcionamento o Servizo de Madrugadores nos colexios no 14 de setembro. Activarase, informou o Consistorio, “a mediados de mes igual ca sucedeu no ano pasado”. Esta decisión responde, en palabras do Concello, “á vontade e compromiso do Goberno municipal coa conciliación”.
Explican tamén que “o pasado curso escolar iniciouse unha experiencia piloto co Servizo de Madruga que se levou a cabo en 4 centros públicos da localidade (EEI Deán Grande, CEIP Heroínas de Sálvora, CEIP Palmeira e CEIP O Grupo)” e que “actualmente hai 7 centros que amosaron interese no servizo, agardando aínda o Concello polos datos definitivos”. Polo tanto, “aumentamos a prestación ao duplicala con relación ao pasado curso”, sinalou o Concello.
Dende a Administración local quixeron lanzar “unha mensaxe de tranquilidade ás familias usuarias” e reafirmar o seu compromiso “coa conciliación, sendo conscientes de que esta debe adaptarse na medida do posíbeis ás necesidades reais das familias”.
Ca finalidade de aclarar un tema de importancia, máxime co inicio do curso escolar, o Executivo local convocou ás asociacións de nais e pais a manter unha reunión este xoves 10 de setembro ás 10.00 horas.




