A A.C. Xiada leva o folclore da Pobra do Caramiñal a Gran Canaria polo seu 15º aniversario

02 Setembro 2026

Unha comitiva de 31 integrantes da Asociación Cultural Xiada desprazouse o pasado 27 de agosto ata La Aldea de San Nicolás (Gran Canaria) para culminar un intercambio cultural co que celebran os seus quince anos de traxectoria. A iniciativa, xestada desde finais de 2025, tivo como obxectivo promover a música e o baile tradicional galego fóra da comunidade, alén de estreitar lazos de convivencia entre ambos os dous territorios.

A axenda en territorio canario combinou actos folclóricos e institucionais. Tras o recibimento oficial, a delegación barbancesa visitou a Casa da Memoria e a Ruta de Museos Vivos, participando ademais nunha Noite de Ronda de Serenatas conxunta e percorrendo enclaves senlleiros como o Roque Nublo, Artenara, Tejeda ou Maspalomas.

A viaxe deuse como correspondencia á primeira fase do intercambio, desenvolta o pasado mes de xullo na Pobra do Caramiñal. Naquela ocasión, a delegación insular tivo a oportunidade de achegarse ao patrimonio local mediante visitas ao río Pedras, unha travesía en barco tradicional pola ría de Arousa con degustación gastronómica, un percorrido polas instalacións de Congalsa e excursións a espazos de interese como Santiago de Compostela.

Para financiar o desprazamento e a loxística de acollida, a asociación complementou a subvención anual da Deputación da Coruña e o apoio do Concello da Pobra con achegas da Dirección Xeral de Turismo de Galicia e a colaboración de Congalsa. Desde a directiva de Xiada sinalan que estas iniciativas van máis alá da actuación artística: serven para poñer en valor os costumes locais, xerar vínculos duradeiros e fomentar un turismo cultural de calidade que impulsa futuras visitas ao municipio.

Visita a Congalsa

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.