“A crise das orquestras: un reflexo da sociedade actual” – Luís Pérez Crujeiras

01 Setembro 2026

Nos últimos anos, as orquestras entraron nun período de crise. A pesar do investimento en camións e da creación de categorías como “Cidade Panorama”de 4 camións a Panorama orixinal con 5 camións, a xente parece estar perdendo interese polas orquestras tradicionais. A homoxeneización do consumo de música, a falta de autenticidade e a saturación da industria do entretemento contribuíron a este declive.

A música soa igual en todas partes, e os mozos cualifícana de “comercial” ou “de charco”. Ese estancamento coma a auga de “charco” ou poza leva as orquestras que imitan as listas de reprodución máis populares xunto os bailes volvéronse monótonos. A industria do entretemento converteuse nunha máquina de facer diñeiro, con pausas cada vez máis curtas entre festas inventadas que xa ocupan máis aló das datas de sempre. Os mozos prefiren os DJ con remesturas e as xeracións maiores séntense desconcertadas pola falta de autenticidade e as constantes interrupcións da música.

Dende unha visión histórica o fenómeno da orquestra está ligado á inmigración galega de Iberoamérica que trouxo a bachata e eses ritmos como o capital ás festas das aldeas para crear orquestras exemplos da migración son o grupo Ráfaga, arxentino que peregrina a Galicia pero pouco coñecido no resto de España. A tradición de verbena galega foi cos Tamara; gaiteiros e música popular. Con baile que arrimaba e invitaba a todo o pobo. Agora substituída por agarame o cubata e vixía a bolsa del super,”botellón”. Non hai consumo na barra da comisión de festas o que drena os recursos económico para facer o contrato das orquestras.

As administracións públicas e comisións contratan DJ porque son máis baratos que as orquestras, e a saturación da música electro-folk e as pandeiretas creou un nicho de mercado que rexeita porque non entende de letra nin de ritmo. A xente está perdendo interese en ir aos festivais locais, que se converteron en corredores de botellas de vidro, vasos de plástico e bolsas de supermercado.

A economía de maximización apoderouse dos festivais e as regulacións contractuais aumentaron os custos para as comisións de festas. A xente usa os festivais como unha vía de escape das presións das súas vidas miserábeis, e o individualismo e a falta de traballo en equipo contribuíron ao declive das orquestras.

Os cantantes en lingua galega, 9louro, Elg1do séntense como un nicho artificial, aínda así nos máis mozos supón un elemento de identidade tal que os mozos de Ourense falan co sotaque ou gheada dos de Muros como o son os seus cantante, e o financiamento de concertos por parte da Xunta de Galicia provocou un debate sobre a autenticidade e a identidade cultural de ser de “calle” cando en verdade están dentro do sistema.

Outros artigos

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

+

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.