“A desigualdade mata” – José Manuel Pena

26 Agosto 2026

Algúns datos estatísticos son verdadeiramente arrepiantes. No planeta morren ao ano, por causa da desigualdade social, nos países occidentais máis dun millón e medio de persoas. Parece incrible que presumamos de sociedades avanzadas, mentres hai moitas familias que non se poden alimentar de maneira equilibrada, non teñen un teito digno onde vivir ou ben non dispoñen das coberturas sanitarias ou farmacéuticas básicas. A desigualdade, claramente, é unha violación da dignidade humana e reduce a capacidade para funcionar como seres humanos.

Ante estes datos é evidente que a desigualdade mata e calquera dos que estamos nalgunha entidade social ou plataforma veciñal somos conscientes desa realidade coa que nos atopamos con demasiada frecuencia. Familias que viven en caravanas, infravivendas, con filtracións de humidades, chegan a ter problemas respiratorios, febres, pneumonías, etc.

Familias que prefiren non saír de casa porque non poden nin tomarse un café, quedándose excluídos do círculo de amizades, familiares e cos propios veciños do seu barrio. Os ansiolíticos e as frecuentes visitas ao médico de cabeceira son constantes. A tensión psicolóxica, a angustia e a depresión xa lles superan e non pensan máis que en quedarse na casa. Mesmo se senten como un moble para a súa familia e os seus pensamentos son suicidas. Unha parte importante dos seus conviciños catalóganlles de fracasados. Xa non lles queda dignidade, séntense uns parias da sociedade.  

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.