O escritor Manuel Losada, intervido de columna tras case dous anos arrastrando as secuelas dun accidente

25 Agosto 2026

O escritor galego Manuel Losada, autor referente dos xéneros de terror e de intriga en lingua castelá, emitiu un comunicado no que informa do seu ingreso (este luns) no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, onde será sometido este martes a unha intervención cirúrxica de columna como consecuencia das lesións que arrastra desde o accidente sufrido en decembro de 2024.

Manuel Losada, natural de Pontevedra pero afincado dende hai anos en Boiro, explicou que “a operación chega despois de máis dun ano e medio de evolución, probas, tratamentos e seguimento médico”, un longo período, engadiu, “durante o cal as secuelas do accidente terminaron conducindo á necesidade dunha intervención cirúrxica para aliviar a presión que unha lesión vertebral exerce sobre a medula”.

Durante todo este tempo, Losada tratou de manter a súa actividade literaria e cultural a pesar de as limitacións derivadas da lesión. O escritor continuou traballando nas súas obras, participando en actos relacionados coa literatura e mantendo o contacto cos miles de lectores que desde hai anos seguen os seus relatos e publicacións: “Foi un camiño moi longo. Desde aquel accidente de decembro de 2024 pasaron máis de vinte meses e mañá, por fin, entro en quirófano. Durante todo este tempo a escritura foi tamén unha maneira de continuar adiante, mesmo nos momentos máis complicados”, sinala o autor, que ten ás súas costas máis de quince anos dedicada á escritura e numerosas obras publicadas.

Manuel Losada converteuse nun nome coñecido dentro do panorama literario galego, especialmente polas súas novelas e relatos vinculados ao misterio e ao terror psicolóxico. De feito, a súa obra A Fábrica do Esquecemento alcanzou por centos de miles de lectores e nos últimos anos o escritor mantivo unha intensa actividade literaria e cultural.

Sinala que a intervención supón agora un punto de inflexión despois de case dous anos condicionados polas consecuencias do accidente: “Agora mesmo a miña única preocupación é que a operación saia ben. Despois virá a recuperación e tocará empezar unha nova etapa. Teño moito historias aínda por escribir”, afirma Losada.

Para Manuel Losada, o quirófano representa “o final dunha espera que comezou en decembro de 2024” e ao mesmo tempo “o comezo dunha etapa na que agardo deixar atrás as secuelas que durante máis dun ano e medio acompañaron tanto a miña vida persoal como a miña traxectoria profesional”.

Premio no VII Concurso Literario Letras Galegas

Lembremos que Manuel Losada, coñecido publicamente como “O Stephen King da Arousa”, foi proclamado esta primavera gañador do VII Concurso Literario Letras Galegas 2026, organizado pola Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa, grazas ao seu relato en galego Non pido perdón.

As súas dúas obras máis recentes son La sombra de Carmen e El eco de las aguas muertas.

La sombra de Carmen desenvolve a súa trama no municipio de Boiro, incorporando escenarios recoñecíbeis e personaxes vinculados á contorna, o que reforza a conexión entre a obra e a realidade local.

Por outra banda, El eco de las aguas muertas traslada ao lector ao Incio (Lugo), onde un inquietante misterio desenvólvese ao redor dun balneario cargado de simbolismo.

Ambas as novelas enmárcanse dentro do xénero de misterio e suspense, selo característico do autor, e consolidan o seu estilo narrativo baseado na atmosfera, a tensión emocional e a conexión co territorio.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.