Martín M. Gómez, astrofísico de Outes, dará na súa terra unha charla sobre o eclipse solar

03 Agosto 2026

Este 7 de agosto a Casa da Cultura de Outes acollerá unha charla centrada no eclipse solar que se vai poder contemplar (coas debidas recomendacións de seguridade) dende a nosa terra o vindeiro 12 de agosto. Trátase da sesión O astro que se agocha detrás da Lúa, unha charla divulgativa sobre a eclipse solar impartida polo astrofísico, nado en Outes, Martín M. Gómez Míguez. Será a partir das 20.30 horas. A entrada será de balde até completar o aforo. As persoas asistentes levará de agasallo unhas lentes homologadas para ver a eclipse. Martín M. Gómez Míguez é un astrofísico galego natural do lugar de Ribademar, no concello de Outes (A Coruña). Formou parte da Galician Astronomy & Astrophysics Community. Martín Manuel Gómez Míguez desenvolve a súa actividade científica como investigador en física solar no prestixioso Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC).

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...