Recibe a alta o veciño de Rianxo atacado polas vespas velutinas

09 Xuño 2020

Xa está na súa casa do lugar de Rial, no concello de Rianxo, o veciño ao que atacou un enxame de vespas velutinas. Afortunadamente non lle quedan danos. O paisano empezaba a limpar o caleiro deste alpendre cando viu achegarse algo que el describe como unha árbore de Nadal. Era o enxame de vespas que aniñaran no pendello sen que ninguén se decatase e que, ao sentírense ameazadas, o atacaron. Recibiu ducias de picadas no corpo e na cabeza.

Primeiro levárono ao centro médico de Rianxo e de alí ao hospital de Santiago, onde o tiveron en observación ata a noitiña, mentres os bombeiros de Boiro retiraban o niño.

Os bombeiros din que os avisos aumentan conforme avanza o desconfinamento.  Precisamente unha dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro retirou un niño secundario de vespa velutina en Rúa Loureiros no Concello de Rianxo. Lembre que calquera que vexa un niño debe avisar aos teléfonos 012 ou 112.

Niño secundario de vespa velutina en Rúa Loureiros no Concello de Rianxo. foto Bombeiros Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.