A ABE confirma a súa participación na iniciativa autonómica Compra Do Noso

09 Xuño 2020

A Asociación Boirense de Empresarios segue adiante este mes de xuño coa súa loita incansábel a prol do comercio de proximidade e as vantaxes de investir e mercar a un paso da nosa casa. Seguindo este compromiso, a ABE pasou a integrarse na iniciativa autonómica Compra do Noso, que xurdiu, en plena crise económica e sanitaria, para fomentar o consumo de produtos e servizos da nosa terra co fin de contribuír a reactivar a economía e o emprego.

A iniciativa arrincou co apoio de 22 entidades empresariais (confederacións de empresarios galegas, clústeres, cámaras e asociacións) ás que se veñen de sumar, como dixemos, a Asociación Boirense de Empresarios e o seu Centro Comercial Aberto galardoado por dúas veces nos premios nacionais do sector.

A ABE vai facer súa esta marca, e a súa filosofía usándoa en todas as comunicacións externas e internas. Tamén a vai poñer a disposición dos 200 asociados da entidade para que a poidan usar no seu día a día e actuar como prescriptores da mesma convidando a outras entidades coas que colabora a entidade boirense a que usen a marca de maneira cen por cen gratuíta.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.