As Quincenas Fantásticas 2026 da ABE baten todos os récords nas súas primeiras dúas semanas con 2.353 participacións

17 Xullo 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) celebrou este venres 17 de xullo o sorteo correspondente á primeira quincena da campaña Quincenas Fantásticas 2026, unha iniciativa de dinamización comercial que continúa consolidándose como unha das accións de maior participación entre a clientela do comercio local.

Nesta primeira fase da campaña, desenvolvida entre o 1 e o 16 de xullo, rexistráronse 2.353 tíckets de compra, “unha cifra que supón o mellor resultado da historia da campaña nunha primeira quincena”, explicou a ABE.

Ademais, a asociación comunicou que o dito dato “supera en máis de 300 participacións o anterior récord desta primeira fase e queda a menos de 50 rexistros do récord absoluto acadado por calquera quincena desde a creación da iniciativa, confirmando a excelente resposta tanto da clientela como dos máis de 215 establecementos asociados que participan na campaña”.

No sorteo celebrado este 17 de xullo repartíronse 500 euros en Bonos ABE, distribuídos do seguinte xeito:

· 1º Premio – 250 €: Kepa Mirena, por unha compra realizada en Beltane Neotaberna.

· 2º Premio – 150 €: Lourdes Moscoso, por unha compra realizada en Paquetería Josefina.

· 3º Premio – 100 €: Ángela Fernández, por unha compra realizada en Drolim.

O presidente da ABE, Daniel García, amosou a súa satisfacción polos resultados obtidos e destacou que “alcanzar as 2.353 participacións nesta primeira quincena é unha magnífica noticia para os negocios de Boiro. Máis alá do récord, o verdadeiramente importante é comprobar que milleiros de persoas continúan apostando polos nosos negocios de proximidade e participan activamente nas campañas que organizamos para agradecer esa confianza”.

A campaña continuará aberta ata o 3 de agosto, polo que todas as compras realizadas entre o 17 de xullo e o 2 de agosto poderán participar no segundo e último sorteo desta edición, no que volverán repartirse 500 euros en Bonos ABE, distribuídos en premios de 250, 150 e 100 euros.

Dende a ABE anímase tanto á veciñanza como ás persoas que visitan Boiro durante o verán a seguir mercando no comercio local e rexistrando os seus tíckets a través da aplicación dispoñíbel na páxina web da entidade.

As Quincenas Fantásticas están financiadas pola Xunta de Galicia dentro das accións de apoio ao comercio de proximidade e constitúen unha iniciativa que busca non só incentivar as compras, senón tamén agradecer a fidelidade da clientela e facer que o investimento realizado nos negocios locais reverta de novo no propio tecido comercial de Boiro.

Con este “espectacular inicio”, en palabras da ABE, a campaña afronta a súa segunda metade cun obxectivo ao alcance da man: superar por primeira vez a barreira das 4.500 participacións nunha mesma edición e establecer un novo récord histórico, consolidando as Quincenas Fantásticas como unha das campañas de dinamización comercial con maior seguimento do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.