O Concello do Son achega a veciños e visitantes a ruta guiada “De Portus Sinum a Portosín”

16 Xullo 2026

O Concello celebrará o domingo 26 de xullo o roteiro turístico De Portus Sinum a Portosín, unha ruta guiada de sete quilómetros para descubrir unha parte esencial da historia do municipio.

O percorrido, de dificultade media, partirá da praza do Curro de Portosín e transcorrerá por lugares como Valcunqueiro, A Silva e San Caetano antes de regresar á praza do Curro, onde estará situada a meta.

As persoas interesadas en participar na actividade deberán anotarse previamente a través do correo electrónico tremuzoap@gmail.com ou do teléfono 636 052 463 (a través do WhatsApp) indicando o seu nome completo e un teléfono de contacto. As solicitudes estarán abertas a partir do luns, 20 de xullo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.