A presidenta de Portos de galicia aborda co Concello e a Confraría as necesidades dos peiraos do municipio

11 Xullo 2026

A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, visitou est sábado 11 de xullo o porto de Ribeira coa alcaldesa do municipio, María Sampedro, e o patrón maior da localidade, José Antonio Pérez Sieira, para afondar nas prioridades de actuación do ente público no municipio ribeirense.

Esta visita enmárcase na rolda de primeiros encontros institucionais de Botana logo do seu nomeamento, e na que está a tomar contacto directo cos representantes municipais, o sector profesional e náutico recreativo, así como cos operadores portuarios dos principais portos de titularidade autonómica.

Durante a súa visita, a presidenta de Portos comprobou a delimitación de prazas de aparcadoiro para o sector profesional establecida recentemente polo ente público e revisou as demandas municipais e sectoriais en materia de mantemento e seguridade das instalacións.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...