O xoves mantense a estabilidade con sol, néboas matinais

08 Xullo 2026

As altas presións seguirán dominando o tempo sen cambios nas temperaturas.

Este xoves 9 de xullo teremos unha xornada sen grandes cambios no meteorolóxico. Continuaremos baixo a influencia das altas presións, aínda que coa particularidade dun embolsamento de aire frío en altura situado ao oeste de Portugal, o que condicionará o tempo nalgunhas zonas do interior conforme avance o día.

O amencer estará marcado pola presenza de néboas, incluídas néboas costeiras en varios puntos do litoral. Co paso das horas, estas brétemas irán desaparecendo nas zonas de interior, abrindo paso a ceos notablemente despexados en gran parte do territorio galego.

Nubes de evolución e treboadas pola tarde

Cara á tarde, a combinación do calor co aire frío en altura provocará o crecemento de nubes de evolución, especialmente nas provincias de Lugo e Ourense. Nas zonas de montaña e puntos máis altos de ambas as dúas provincias non se descarta a formación de chuvascos que poidan ser localmente treboentos.

No que respecta aos termómetros, as temperaturas non experimentarán cambios significativos, mantendo os valores dos últimos días (26 graos na costa a 31 graos no interior). O vento soprará de compoñente norte-nordés, sendo frouxo en termos xerais, pero con intervalos de intensidade moderada na contorna de Fisterra.

meteogalicia

O noso mar: Vento do oeste á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 2 a 3. Mar ovellado. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.

Outros artigos

A ABE lanza a campaña Black Friday Local: Grazas por estar aí

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha hoxe luns, 23 de novembro, a campaña Black Friday Local – Grazas por estar aí, unha iniciativa coa que se quere aproveitar esta semana para "agradecer a confianza das persoas que apoian as empresas de Boiro" e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.