O Concello de Rois abre o prazo extraordinario de inscrición no Punto de Atención á Infancia (PAI), situado en Urdilde, para o curso 2026/2027.
Este proceso está dirixido a nenos e nenas de entre 3 meses cumpridos e 3 anos. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 1 ao 15 de xullo de 2026, ambos os días incluídos.
As persoas interesadas poderán formalizar a inscrición a través da sede electrónica do Concello ou de forma presencial na área de Servizos Sociais. O formulario de inscrición, no que figura tamén a documentación que cómpre presentar, está dispoñible nesta ligazón.
As familias que desexen obter máis información sobre o funcionamento do servizo ou visitar previamente as instalacións do PAI poden poñerse en contacto coa área de Servizos Sociais do Concello de Rois.
O Punto de Atención á Infancia de Urdilde é un servizo municipal destinado á atención e ao coidado da primeira infancia, que contribúe a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias do municipio.




