Os 40 barcos da VI Ruta Rías Baixas-Camiño da Ría Muros Noia chegarán este xoves a Muros seguindo a estela de Pietro Querini

01 Xullo 2026

Os 40 barcos que participan na VI Ruta Rías Baixas-Camino de Santiago da Ría de Muros Noia saíron este martes 30 de xuño con destino a Ría da Estrela, a onde está prevista a súa chegada este xoves 2 de xullo. Unha iniciativa organizada polo Monte Real Club de Iates de Baiona, o Real Club Náutico de Portosín, a Ría da Estrela e a Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, que ademais conta co patrocinio do Banco Sabadell Urquijo.

A recente declaración da Vía Queirinissima como Itinerario Cultural Europeo supuxo un gran impulso para esta iniciativa. Porén, para facilitar a loxística do evento, houbo que limitar o número de participantes este ano, cuxas prazas se cubriron case de forma inmediata. Aínda así, trátase da edición con maior participación, so superada pola de 2025.

Un punto que destaca o presidente da Ría da Estrela e da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, Luís Oujo, quen lembra que “cada vez hai máis participantes, máis persoas que queren vir e isto deriva da declaración desta ruta como itinerario cultural europeo. E seguiremos traballando para que sexa todo un referente, un camiño cara Santiago, porque iso suporá un retorno económico para a Ría da Estrela”.

Boa proba deste interese son os dous turoperadores transalpinos que visitaron o Camiño da Ría de Muros Noia nas últimas semanas e a participación dun gran número de navegantes portugueses nesta sexta edición da ruta, moitos deles procedentes do porto de Leixoes. Todo un adianto do impacto que o Camiño Marítimo da Ría de Muros Noia suporá para o próximo Xacobeo 2027.

Flota e percorrido

Tras recorrer baixo as mellores condicións de navegación posibles a primeira etapa, entre o Monte Real Club de Iates de Baiona e Combarro, a expedición saíu con rumbo á illa de Ons, espazo natural protexido onde desfrutaron da comida antes de enfilar a proa cara o Club Náutico de Portonovo.

Entre os barcos participantes figuran modelos de referencia dentro da navegación de cruceiro como Bavaria, Oceanis, Dufour, Hallberg-Rassy, Hanse, Elan, Jeanneau ou Atlantic, ademais de catamaráns Lagoon. A flota reúne embarcacións de entre oito e más de dezaseis metros de eslora, que navegarán xuntas ao longo de máis dun cento de millas por algunhas das paisaxes marítimas máis espectaculares de Galicia.

Unha flota que chegará a Muros na tarde do próximo xoves 2 de xullo. A xornada do venres 3 inclúe unha navegación polo Mar de Fisterra, con paso fronte ao Castro de Baroña e escala na praia de Aguieira, antes de chegar ao Real Club Náutico de Portosín, onde terá lugar unha cea de fraternidade.

A maiores, os navegantes que selaran as súas credenciais de peregrinos nos portos deportivos da ruta, poderán conseguir a Compostela. Unha vez sumadas máis de 100 millas náuticas, so restarán 12 quilómetros a pe desde Bertamiráns a Compostela para cumprir cos requisitos establecidos polo Arcebispado de Santiago. Unha camiñada que realizarán o sábado 4 de xullo e onde a Ría da Estrela sorteará un agasallo entre todos os participantes.

A VI Ruta Rías Baixas-Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia permite aos tripulantes vivir a experiencia do Camiño de Santiago pola Ría de Muros Noia, recuperando unha tradición que se remonta á Idade Media, cando peregrinos de toda Europa chegaban por vía marítima a Galicia. A ruta sigue o itinerario dunha desas peregrinacións, a do navegante veneciano Pietro Querini (1431) que deu orixe á Vía Querinissima.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.